Wednesday 26 de June de 2024

A Escola Municipal de Ballet estrea o vindeiro sábado “Bailadoras” no novo auditorio


A concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e a profesora da Escola Municipal de Ballet, Cristina Riveiro presentaron hoxe “ Bailadoras”, unha coreografía que fará un percorrido polo mar, os seus oficios e a labor da muller coma protagonista.

As 30 bailarinas da escola municipal inspiradas na música celta intrepretarán o próximo sábado 22 un total de 10 danzas distubuidas en catro apartados:
As Redeiras, bailarán pezas marcadas polo ritmo das ondas do mar.

As Lavandeiras, baile adicado ás mulleres que ían a lavar a regatos ou lavadoiros. As mariñeiras, unha ollada ao voo das gaivotas cando siguen a estela do barco cando vai chegando a terra.
A concellera de Educación indicou do bo traballo que se está facendo dende a escola, “O ballet é unha linguaxe artística universal que aporta compañerismo, esforzo, constancia e cultura”.

A profesora e coreógrafa, Cristina Riveiro falou da implicación e motivación das alumnas e pais, anima á veciñanza a acudir a ésta estrea.

Deja un comentario